Inicio / Dereito mercantil.
Temos unha ampla experiencia en operacións de adquisición e venda de empresas.
Temos unha ampla experiencia en operacións de adquisición e venda de empresas que asesoramos dende unha optica multidisciplinar integrando as diferentes perspectivas que xorden neste tipo de negocios:
Asesoramos, tamén dende un enfoque multidisciplinar, na creación e posta en marcha de negocios, avaliando o vehículo legal ideal e asistindo ó cliente na súa constitución.
A nosa experiencia abarca tamén o ámbito dos contratos comerciais (distribución, axencia, franquías, préstamos, garantías, arrendamentos, seguros).
Ofrecemos servizos de asesoramento especializados no ámbito do Dereito Corporativo, Secretariado Xurídico, asistencia aos Consellos de Administración e Xuntas Xerais, libros sociais e noutros aspectos relacionados co funcionamento orgánico das empresas de capital, incluíndo especificamente os cambios estruturais (transformacións, fusións, divisións, cesións globais).
A nosa especialidade tamén abarca a dirección letrada en procesos xudiciais relacionados coa materia societaria e mercantil (impugnación os acordos sociais, responsabilidades dos administradores, contratos mercantís).
Temos unha ampla experiencia no asesoramento de operacións de reestruturación financeira e procedementos concursais, neste caso tanto dende a perspectiva do debedor como da dos acredores. Os nosos servizos van dende as negociación de refinanciamento e a eventual presentación da solicitude de concurso, cunha profunda análise previa das súas consecuencias, ata a depuración da responsabilidade concursal dos administradores, incluíndo asesoramento sobre a insinuación e recoñecemento de créditos, accións de reintegración, convenios concursales e a extinción das relacións laborais no seo do concurso.