Dereito laboral


Atendemos as inquedanzas que se xeran día a día no seo das relacións laborais.

Cunha vocación internacional e un pleno respecto ás normas de traballo decente da OIT, abordamos as inquedanzas que se xeran no lugar de traballo día a día e resolvémolas a través dun asesoramento recurrente de proximidade, con vistas á prevención de conflito e a responsabilidade social corporativa.

Estamos implicados na negociación de convenios, así como en calquera conflito colectivo que xurda na interpretación e/ou aplicación da norma; singularmente en todo o que se refire a cambios substanciais nas condicións de traballo, expedientes de regulación de emprego, traslados, non aplicación de convenios e calquera outra medida empresarial que se precise para modernizar e adaptar as relacións laborais ás necesidades que se precisen. Tamén intervimos en asesoramento directo sobre prevención de riscos laborais e accidentes de traballo e enfermidades profesionais.

Responsabilizamonos da dirección letrada dos procedementos administrativos e xudiciais que teñan que ver con asuntos específicos do departamento, tales como despidos, sancións, reclamacións económicas, impugnación de actas de infracción, vacacións, conflictos colectivos, etc.