O equipo


José María Núñez Gallego

Avogado Licenciado en Dereito pola Universidade de Navarra.

Máster en Finanzas polo Instituto de Estudios Superiores Financieros de Madrid, PAD (Alta Xerencia) y Xestión de Proxectos, ambos na Escola de Negocios Caixanova.

Socio inicial do bufete de avogados CLEMS especializado en Dereito mercantil e Societario.

Con experiencia profesional tanto en banca como en multinacionais, en áreas de asesoramento en Banca de Investimentos, como director financeiro e administrativo, como adxunto da Dirección Xeral para a coordinación xurídica e financeira de empresas internacionais ou como director de desenvolvemento. sendo controller, secretario e conselleiro de diferentes empresas en Francia e nos países anglosaxóns e cunha ampla experiencia en operacións de Corporate & Finance, así como na análise, implantación e asesoramento xurídico e financeiro de investimentos ou proxectos de investimento e no deseño e implementación de operacións de Fusións e Adquisicións.