Filosofía


A nosa filosofía baséase no servizo ao cliente ofrecendo rigor e experiencia en cada un dos nosos servizos.

CLEMS Abogados naceu na cidade de Vigo, a finais de 2007, para ofrecer á empresa unha asistencia xurídica completa, especializada e en profundidade en resposta ás preocupacións profesionais dun grupo de avogados con sólida experiencia no mundo xurídico, co propósito de traducir en firme a súa filosofía de traballo destinada a prestar atención ó cliente, o rigor e á excelencia no servizo e o bo ambiente interno, todos dirixidos a defender os intereses legais dos clientes.

O alicerce fundacional de calidade, rigor e excelencia condiciona que o despacho estea formado por profesionais expertos de recoñecido prestixio en áreas específicas do dereito. Para cumprir este compromiso coa calidade, cremos que o servizo ó cliente e o traballo dos seus asuntos sempre deben ser dirixidos polos profesionais máis experimentados do despacho.