Inicio / Equipo / Carlos Pérez Ramos
Carlos Pérez Ramos
Avogado Licenciado en Dereito pola Universidade Pontificia Comillas (ICADE)
Carlos desenvolveu toda a súa carreira profesional no ámbito do dereito público. Despois de preparar as oposicións á escala de Avogados da Xunta de Galicia, en 2007 ingresou no Departamento de Dereito Administrativo e Urbanismo de Garrigues en Vigo, onde permaneceu ata xullo de 2013.
En setembro de 2013 ingresou en CLEMS como xefe do departamento de Dereito Público.
A súa práctica profesional céntrase no dereito administrativo en xeral, aínda que cabe destacar o seu continuo asesoramento en materia urbana, función pública, contratación administrativa e telecomunicacións. Do mesmo xeito, é e foi avogado en numerosos procesos ante a xurisdición contencioso-administrativa.
Actualmente é doutorando na Universidade de Vigo preparando unha tese doutoral sobre a contratación pública.
Colaboroú coa Universidade de Vigo como profesor no Máster en Dereito Urbano e Medio Ambiente.
Idiomas: inglés (Cambridge inglés: Advanced) e galego (Celga 4).